Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
Materias
Gramática española II
Avaliación
Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Este método de avaliación consistirá na resolución por parte do alumno ou alumna de problemas ou exercicios sobre aspectos puntuais e especialmente difíciles do programa. Propoñerase, polo menos, un exercicio por tema. Os contidos destes exercicios serán todos aqueles que teñan sido tratados na aula ou fora dela incluídas as sesións maxistrais e as lecturas. 5 C4
C6
C8
C12
D2
D5
Estudo de casos/análises de situacións Este método de avaliación consistirá na resolución por parte do alumno ou alumna de casos sobre aspectos que abarquen unha gran parte do temario. Propoñerase, polo menos, un exercicio por tema. Os contidos destas análises serán todos aqueles que teñan sido tratados na aula ou fora dela incluídas as sesións maxistrais e as lecturas. 5 C4
C6
C8
C12
D2
D5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirán en exames prácticos, semellantes aos realizados na aula ou na casa, que deberán ser resoltos sen axuda de material. Os contidos destas probas serán todos aqueles que teñan sido tratados na aula ou fora dela incluídas as sesións maxistrais e as lecturas. 90 C4
C6
C8
C12
D2
D5

Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno ou a alumna ou a alumna ou o alumno poderán entregar catro resolucións de exercicios e catro estudos de casos (un de cada un dos temas). Valoraranse como o 10% da nota só se se entregaron 5 dos 8 exercicios propostos.

Farase un exame (tipo proba práctica) cada dous temas (1 e 2, 3 e 4). Aqueles alumnos que superen algún destes exames liberarán esta parte da materia e non terán que examinarse dela, nin en xaneiro, nin en xullo. Aqueles que non alcancen o nivel esixido nun dos dous exames, terán que examinarse só da parte da materia que non superen.

Para aqueles que non realicen ningún dos exames anteriores haberá un
exame en xaneiro (nas datas oficiais) no que deberán realizar toda a
proba. En xaneiro, para poder acceder ao 10% da nota, deberase entregar,
polo menos, 5 dos exercicios e estudos de casos propostos ao longo do
curso.

Se ben non se fai referencia á asistencia as aulas, esta é moi recomendable para poder superar a materia sen problemas.

En xullo o exame constitúe o 100% da nota. Deberán facer
todo o exame aqueles que non se presentaron a ningún exame. Os que se
presentaron pero non superaron ningunha parte, tamén deben facer todo o
exame. Aqueles que non superaron só algún dos exames aos que se
presentaron durante o curso só terán que examinarse da parte ou partes
non superadas.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000