Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
Materias
Gramática española I
Avaliación
Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios O alumnado deberá entregar dous exercicios (un para o tema 2 e outro para o 3) de resolución de problemas que poderá ser realizado na casa ou na aula para a súa corrección polo profesor. Os contidos destes exercicios serán todos aqueles que sexan tratados na aula ou fora dela incluídas as sesión maxistrais e as lecturas. 5
Estudo de casos/análises de situacións Esta proba consistirá na resolución dun ou dous casos prácticos que o alumno deberá resolver na casa e entregar para a súa corrección. Deberá entregar un para o tema 2 e outro para o 3. Os contidos destes casos prácticos serán todos aqueles que sexan tratados na aula ou fora dela incluídas as sesión maxistrais e as lecturas. 5
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Nestas probas propoñerase ao alumno que resolva, sen axuda de material ningún, casos, problemas e exercicios semellantes aos realizados en clase. Os contidos destas probas derán todos aqueles que sexan tratados na aula ou fora dela incluídas as sesión maxistrais e as lecturas. 90

Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno ou a alumna ou a alumna ou o alumno poderán entregar dúas resolucións de exercicios e dous estudos de casos (un de cada para os temas 2 e 3). Valoraranse como o 10% da nota só se se entregaron 3 dos 4 exercicios propostos.

Farase un exame (tipo proba práctica) do tema 2 e outro do tema 3. Aqueles alumnos que superen algún destes exames liberarán esta parte da materia e non terán que examinarse dela, nin en xaneiro, nin en xullo.

Aqueles que non alcancen o nivel esixido nun dos dous exames, terán que examinarse só da parte da materia que non superen.

Para aqueles que non realicen ningún dos exames anteriores haberá un exame en xaneiro (nas datas oficiais) no que deberán realizar toda a proba. En xaneiro, para poder acceder ao 10% da nota, deberase entregar, polo menos, 3 dos exercicios e estudos de casos propostos ao longo do curso.

En xullo o exame constitúe o 100% da nota. Deberán facer todo o exame aqueles que non se presentaron a ningún exame. Os que se presentaron pero non superaron ningunha parte, tamén deben facer todo o exame. Aqueles que non superaron só algún dos exames aos que se presentaron durante o curso só terán que examinarse da parte ou partes non superadas.

Se ben no se fai mención sobre a asistencia as aulas, é recomendable.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000