O alumno ou a alumna ou a alumna ou o alumno poderán entregar dúas resolucións de exercicios e dous estudos de casos (un de cada para os temas 2 e 3). Valoraranse como o 10% da nota só se se entregaron 3 dos 4 exercicios propostos. Farase un exame (tipo proba práctica) do tema 2 e outro do tema 3. Aqueles alumnos que superen algún destes exames liberarán esta parte da materia e non terán que examinarse dela, nin en xaneiro, nin en xullo. Aqueles que non alcancen o nivel esixido nun dos dous exames, terán que examinarse só da parte da materia que non superen. Para aqueles que non realicen ningún dos exames anteriores haberá un exame en xaneiro (nas datas oficiais) no que deberán realizar toda a proba. En xaneiro, para poder acceder ao 10% da nota, deberase entregar, polo menos, 3 dos exercicios e estudos de casos propostos ao longo do curso. En xullo o exame constitúe o 100% da nota. Deberán facer todo o exame aqueles que non se presentaron a ningún exame. Os que se presentaron pero non superaron ningunha parte, tamén deben facer todo o exame. Aqueles que non superaron só algún dos exames aos que se presentaron durante o curso só terán que examinarse da parte ou partes non superadas. Se ben no se fai mención sobre a asistencia as aulas, é recomendable. |