Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación nas empresas e nas institucións en galego e español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentacións/exposicións Exposición de forma oral dun traballo realizado de forma individual. 30 A2
C1
C13
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realización de diversas prácticas sobre redacción de diferentes tipos de textos. 30 A3
C5
D2
D4
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O exame final conterá preguntas de carácter teórico e práctico sobre toda a materia. 40 A4
C7
C9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso os alumnos e alumnas deberán indicar á docente a forma pola que optan, é dicir, avaliación continua ou avaliación única.

Os estudantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario. É necesario posuír un nivel de coñecemento do español equivalente a un B2.

Para poder ser avaliado dentro da opción de avaliación continua será necesario asistir regularmente ás clases e entregar os traballos e as prácticas ao longo do cuadrimestre (traballos que deberán ter unha nota mínima de aprobado).

A proba de resposta longa ou exame está prevista para a última semana de clases.

O alumnado que opte pola avaliación única será avaliado a través dun exame ao final do cuadrimestre ou na data oficial na convocatoria de xullo.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000