Guia docente 2015_16
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación nas empresas e nas institucións en galego e español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias A actividade introdutoria consistirá en expoñer os obxectivos e as principais tarefas previstas para o curso. Así mesmo, delimitaranse os obxectivos e as principais liñas temáticas.
Sesión maxistral Actividade teórica. Exposición teórica da materia que irá acompañada de exemplos que aseguren a comprensión axeitada dos temas.
Traballos tutelados Actividade práctica. Os alumnos e alumnas realizarán lecturas dirixidas pola profesora e recibirán asesoramento.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica. Realizaranse diversos exercicios na aula co obxectivo de relacionar teoría e práctica. Estes exercicios serán de diferente natureza, en función do tema tratado.
Presentacións/exposicións Actividade práctica. Os alumnos e alumnas expoñerán de forma oral un traballo preparado de forma individual. Na presentación oral valorarase o contido da mesma, pero tamén todos os aspectos relacionados coa comunicación oral e non verbal.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000