Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación oral e escrita: Galego II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Realizarase un traballo sobre unha gravación e exporase oralmente. 20
Traballos tutelados Prevese a realización dunha actividade de natureza escrita. O seu valor sobre a cualificación final é do 10%. 10
Resolución de problemas e/ou exercicios Ó longo do curso, o docente irá recompilando as cualificacións de todas
as actividades prácticas avaliables (orais ou escritas).
26
Sesión maxistral Realizaranse dúas probas (unha escrita e outra oral) verbo de todos os
coñecementos teóricos e lingüísticos desenvolvidos na materia. Ata un
4% do valor desta epígrafe pode alcanzarse grazas á asistencia
participativa nas aulas, tanto teóricas coma prácticas.
44
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá decidir ó comezo
do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro
de avaliación única.

Asistencia. Para
poder optar á avaliación continua o alumnado deberá asistir a un
mínimo do 80% das aulas (tanto das horas teóricas coma das
prácticas).

Os discentes
terán que conseguir un mínimo de 5.00 (sobre 10) en cada unha das
catro tipoloxías de avaliación para alcanzar o apto. Así mesmo, en
cada unha das probas ou actividades individuais que constitúen o
proceso de avaliación débese alcanzar un 4.00 (sobre 10) para poder
facer media coas demais. Todas as prácticas, actividades e traballos
solicitados polos docentes teñen que se entregar, para poder ser
avaliados, nos prazos marcados. Igualmente, o plaxio ou copia está
penalizado cun 0; o segundo 0 por este motivo suporá un suspenso
automático na materia. A proba escrita e a presentación/exposición
realizaranse no período de aulas (nunha data que se decidirá coa
suficiente antelación). A proba oral realizarase unha vez que
conclúa o período de aulas (noutra data que tamén se fixará co
debido adianto).

Os discentes que
non perdan o dereito á avaliación continua poderán recuperar na
avaliación do mes de xullo, na data fixada pola Facultade, aquelas
probas que non superasen na avaliación de maio (en todo caso, se
algunha das partes non se consegue aprobar suporá un suspenso na
materia e non se fará a suma total das porcentaxes).

O
alumnado que opte pola avaliación única, e aquel que non cumpra cos
requisitos para a avaliación continua, poderá superar a materia,
tanto en maio (unha vez concluídas as aulas) coma en xullo, a través
dun exame final (cunha parte oral e outra escrita) [50%] e mais dous
traballos (seguindo as indicacions do docente) [50%]. Cómpre superar
tanto o exame coma os traballos para poder aprobar a materia.

Todas
as consultas realizadas por correo electrónico atenderanse no
horario de titorías.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000