Guia docente 2012_13
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación oral e escrita: Galego II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Ó longo do curso, o docente irá recompilando as cualificacións de todas as actividades prácticas avaliables (orais ou escritas). 26
Presentacións/exposicións Realizarase un traballo sobre unha gravación e exporase oralmente. 20
Traballos tutelados Prevese a realización dunha actividade de natureza escrita. O seu valor sobre a cualificación final é do 10%. 10
Sesión maxistral Realizaranse dúas probas (unha escrita e outra oral) verbo de todos os coñecementos teóricos e lingüísticos desenvolvidos na materia. Ata un 4% do valor desta epígrafe pode alcanzarse grazas á asistencia participativa nas aulas, tanto teóricas coma prácticas. 44
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado deberá decidir ó comezo do curso se opta por un sistema de avaliación continua ou por outro de avaliación única.

Asistencia.
Para poder optar á avaliación continua o alumnado
deberá asistir a un mínimo do 80% das aulas (tanto das
horas teóricas coma das prácticas).

Os
discentes terán que conseguir un mínimo de 5.00 (sobre
10) en cada unha das catro tipoloxías de avaliación para alcanzar o apto. Así mesmo, en cada unha das probas ou actividades
individuais que constitúen o proceso de avaliación débese
alcanzar un 4.00 (sobre 10) para poder
facer media coas demais. Todas as prácticas, actividades e
traballos solicitados polos docentes teñen que se entregar,
para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Igualmente, o plaxio
ou copia está penalizado cun 0; o segundo 0 por este motivo
suporá un suspenso automático na materia.

Os
discentes que non perdan o dereito á avaliación
continua poderán recuperar na avaliación do mes de xullo, na data
fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen na avaliación de maio (en todo caso, se algunha das partes non se
consegue aprobar suporá un suspenso na materia e non se fará
a suma total das porcentaxes).

O
alumnado que opte pola avaliación única, e aquel que non cumpra cos requisitos para a avaliación continua, poderá superar
a materia, tanto en maio (na fin do período lectivo) coma en xullo, a través dun exame final (cunha parte oral e outra escrita) [50%] e mais dous traballos (seguindo as indicacions do docente) [50%]. Cómpre superar tanto o exame coma os traballos para poder aprobar a materia.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000