Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación oral e escrita: Galego II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Ó longo do curso, o profesorado irá recompilando as cualificacións de todas as actividades prácticas avaliables (orais ou escritas). O seu valor sobre a cualificación final é do 36%. 36
Presentacións/exposicións Contémplase a realización de dúas actividades de natureza oral. O seu valor sobre a cualificación final é do 16%. 16
Traballos tutelados Contémplase a realización dunha actividade de natureza escrita. O seu valor sobre a cualificación final é do 8%. 8
Sesión maxistral Realizaranse tres probas (de natureza escrita e oral) verbo dos coñecementos teóricos e lingüísticos desenvolvidos na materia. O seu valor sobre a cualificación final é do 36%. 36
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Asistencia.
Para poder optar á avaliación continua o alumnado
deberá asistir a un mínimo do 80% das aulas (tanto das
horas teóricas coma das prácticas e do laboratorio).
Valorarase, proporcionalmente, esta asistencia -sempre que se faga
dun xeito activo- ata un máximo do 4% da cualificación
final.

Os
discentes terán que conseguir un mínimo de 5.00 (sobre
10) en cada unha das catro tipoloxías de avaliación (cfr. supra). Así mesmo, cada unha das probas ou actividades
individuais que constitúen cada un deses catro bloques debe
alcanzar un 4.00 (sobre 10) para poder considerarse superada e poder
facer media coas demais. Todas as prácticas, actividades e
traballos solicitados polos docentes teñen que se entregar,
para poder ser avaliados, nos prazos marcados. Igualmente, o plaxio
ou copia está penalizado cun 0; o segundo 0 por este motivo
suporá un suspenso automático na materia.

Os
discentes que non perdan o dereito á avaliación
continua poderán recuperar no mes de xuño, na data
fixada pola Facultade, aquelas probas que non superasen ó
longo do curso.

O
alumnado que non asista ó 80% das aulas poderá superar
a materia a través do exame final do mes de xullo, na data
fixada pola Facultade. Este exame cubrirá o 100% da
cualificación da materia e estará composto por diversas
probas de natureza oral e escrita verbo dos contidos desenvolvidos ó
longo do curso. O alumnado que asistise ó 80%, ou máis,
das aulas poderá superar neste mes de xullo aquelas probas que
aínda non aprobase (en todo caso, se algunha das partes non se
consegue aprobar suporá un suspenso na materia e non se fará
a suma total das porcentaxes).

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000