Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura en lingua española II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Traballos de aula
O estudantado presenta o resultado obtido na elaboración dun documento sobre a temática da materia, na preparación de seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo, de forma oral ou escrita…
40
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Probas para avaliación das competencias adquiridas que inclúen preguntas abertas sobre un tema. O alumnado debe desenvolver, relacionar, organizar e presentar os coñecementos que teñen sobre a materia nunha resposta extensa. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Probas para a avaliación que inclúen actividades, problemas ou exercicios prácticos a resolver. O alumnado debe dar resposta á actividade formulada, aplicando os coñecementos teóricos e prácticos da materia. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia consta de dúas partes ben diferenciadas: a primeira, do 19 de xaneiro ao 17 de marzo; a segunda, do 18 de marzo ao 8 de maio. En consecuencia, o alumnado que se incorpore a cualquera destas dúas partes máis tarde da segunda sesión perderá o dereito á avaliación continua.

Para as persoas que opten pola avaliación continua (asistencia a clases e realización dos traballos pertinentes) haberá sendos exames nas seguintes datas:

a) Primeira parte: martes 17 de marzo

b) Segunda parte: mércores 6 de maio

As persoas que non superen esta avaliación continua deberán presentarse ao examen de xullo na data que fixe a Facultade. Os exames, tanto os de cada parte da materia como o de xullo, constarán de probas prácticas e teóricas.

As persoas que opten pola avaliación única terán que realizar un exame (teórico e práctico) nas mesmas datas antes consignadas para cada parte da materia.

En todo caso, é IMPRESCINDIBLE que o alumnado que non asista regularmente a clase se poña en contacto coas profesoras ao inicio do cuadrimestre

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000