Eventos docentes e/ou divulgativos |
Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. |
Traballos de aula |
O estudantado desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesorado. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do alumnado. |
Traballos tutelados |
O estudantado, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción... |
Titoría en grupo |
Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe, así como debates en grupo sobre problemas ou cuestións concretas da materia. |