Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura en lingua española II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Eventos docentes e/ou divulgativos Conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates... realizados por poñentes de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Seminarios Actividades enfocadas ao traballo sobre un tema específico, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia. Pódense empregar como complemento das clases teóricas.
Traballos de aula O estudantado desenvolve exercicios ou proxectos na aula baixo as directrices e supervisión do profesorado. Pode estar vinculado o seu desenvolvementos con actividades autónomas do alumnado.
Traballos tutelados O estudantado, de maneira individual ou en grupo, elabora un documento sobre a temática da materia ou prepara seminarios, investigacións, memorias, ensaios, resumos de lecturas, conferencias, etc. Xeralmente trátase dunha actividade autónoma do/s estudante/s que inclúe a procura e recollida de información, lectura e manexo de bibliografía, redacción...
Titoría en grupo Entrevistas que o alumnado mantén co profesorado da materia para asesoramento/desenvolvemento de actividades da materia e do proceso de aprendizaxe, así como debates en grupo sobre problemas ou cuestións concretas da materia.
Sesión maxistral Exposición por parte do profesorado dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto a desenvolver polo estudantado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000