Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura en lingua española II
   Competencias de materia
Resultados previstos na materia Tipoloxía Resultados de Formación e Aprendizaxe
Abarcar os fundamentos teóricos e aplicados que ofrecen os diferentes paradigmas lingüísticos, así como sintetizar, relacionar e describir a literaturas española e hispanoamericana nos seus distintos ámbitos culturais e sociais, no período comprendido entro o século XVIII e a actualidade.
saber
A3
Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación e docencia en literatura española dos séculos XVIII-XXI e hispanoamericana.
saber facer
A6
Formular razoamentos críticos no ámbito literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva aos textos españois dos séculos XVIII-XXI e hispanoamericanos.
saber facer
A8
Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español a propósito dos textos literarios españois dos séculos XVIII-XXI e hispanoamericanos, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos.
saber facer
A9
Mostrar sensibilidade cara ás achegas feitas polas mulleres á literatura española nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. Entender as funciones do canon nos séculos XVIII-XXI e en Hispanoamérica, a súa formación e os seus axentes, e valorar as exclusións que xera, por exemplo, a exclusión dos textos de escritoras.
saber facer
A11
Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
Saber estar / ser
B2
Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética.
Saber estar / ser
B3
Que o alumnado desenvolva aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Saber estar / ser
B5
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000