Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura en lingua española II
   Competencias de titulación
Código Descrición
A3 Abarcar os fundamentos teóricos e aplicados que ofrecen os diferentes paradigmas lingüísticos, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas española, galega e lusófona nos seus distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos
A6 Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
A8 Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo.
A9 Planificar, estruturar e desenvolver ensaios escritos e presentacións orais en español e en galego, formulando hipóteses cunha metodoloxía apropiada para transmitir ideas eficaces, de acordo coas convencións académicas, e argumentando os razoamentos expostos.
A11 Mostrar sensibilidade cara ás achegas feitas polas mulleres á literatura e á cultura española, galega e portuguesa nos seus diferentes ámbitos xeográficos e culturais. Entender as funciones do canon, a súa formación e os seus axentes, e valorar as exclusións que xera, por exemplo, a exclusión dos textos de escritoras, particularmente nos diferentes ámbitos xeográficos e culturais das linguas galega e española.
B2 Que o alumnado saiba aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou a súa vocación dunha forma profesional, e posúa as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
B3 Que o alumnado teña a capacidade de reunir e interpretar os datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre os temas destacados de índole social, científica ou ética.
B5 Que o alumnado desenvolvese aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000