Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Estrutura e análise das linguas galega e española: Semántica, pragmática e léxico
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Consistirá na exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto que se escollerá entre os temas da materia e que terá que presentar ao resto dos compañeiros. O obxectivo é avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal. 25
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Consistirá nun exame que abordará todos os temas estudados durante o curso. Será imprescindible aprobar este exame para superar a materia. 50
Traballos e proxectos Consistirá na elaboración dun traballo, escrito, proposto en clase no que se avaliará a competencia do alumnado no relativo á reflexión sobre conceptos teóricos e ao dominio das técnicas e mecanismos de síntese e redacción dun texto. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Nos alumnos de avaliación continua, no caso de que, tras a avaliación conxunta, sexan necesarios ata 0,25 puntos para superar a materia, terase en conta a asistencia e participación regular na clase.


Ao inicio do curso, os alumnos e alumnas deberán indicarlle á docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular a un 80% das clases, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia que terá lugar ao final do cuadrimestre).


As persoas que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á oportunidade de xullo, na que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso (salvo casos debidamente xustificados e nos que o alumno ou alumna o solicite persoalmente á docente).

Os estudantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.


Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con ata 0,25 puntos por cada falta.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000