Probas de resposta longa, de desenvolvemento |
Consistirá nun exame que abordará todos os temas estudados durante o curso. Será imprescindible aprobar este exame para superar a materia. |
50 |
Nos alumnos de avaliación continua, no caso de que, tras a avaliación conxunta, sexan necesarios ata 0,25 puntos para superar a materia, terase en conta a asistencia e participación regular na clase.
Ao inicio do curso, os alumnos deberán indicarlle ao docente a forma de avaliación pola que optan, é dicir, avaliación continua (asistencia regular a un 80% das clases, traballos de aula, presentacións, proxectos, probas, etc.) ou avaliación única (exame oficial da materia fixado pola Facultade).
Os alumnos que opten pola avaliación continua e que non superen a materia ao final do cuadrimestre poderán presentarse á convocatoria oficial de xullo e ás sucesivas convocatorias, nas que non se gardarán as cualificacións obtidas a través das probas, actividades e traballos realizados ao longo do curso (salvo casos debidamente xustificados e nos que o alumno ou alumna o solicite persoalmente á docente).
Os estudantes Erasmus poderán realizar as probas coa axuda dun dicionario.
Tanto nas probas coma no resto dos exercicios propostos ao longo do curso penalizaranse os erros ortográficos, os erros na expresión, as incoherencias sintácticas, etc. con ata 0,25 puntos por cada falta. |