Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Estrutura e análise das linguas galega e española: Semántica, pragmática e léxico
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Actividade introdutoria que busca recoller información sobre os coñecementos de partida, os intereses e as motivacións dos discentes.
Ademais da presentación da materia farase unha pequena proba inicial non puntuable na avaliación final que servirá como valoración de nivel.
Sesión maxistral Actividade teórica. Consiste na exposición dos contidos da materia co obxectivo de comunicar coñecementos. As explicacións estarán ordenadas e ben estruturadas e contarán con exemplos que aseguren a comprensión dos contidos.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividade práctica. Formularanse na aula ou a través da plataforma TEMA unha serie de problemas e exercicios relacionados coa materia traballada. O obxectivo é reflexionar e relacionar teoría e práctica. Tamén constitúe unha actividade básica para consolidar coñecementos.
Presentacións/exposicións Actividade práctica. Consistirá na exposición oral por parte do alumnado dun tema concreto que se escollerá entre os temas da materia e que terá que presentar ao resto dos compañeiros. O obxectivo é avaliar a competencia oral dos discentes nun contexto formal. A presentación poderá realizarse en galego ou en español.
Estudo de casos/análises de situacións Actividade práctica orientada na aula pola docente. Aínda que o alumnado poderá traballar de forma autónoma na materia, estas análises semánticas e pragmáticas realizadas na aula desenvolveranse coa colaboración entre os alumnos e a docente.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000