Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Análise do discurso
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Levarase un control do grao de asistencia a clases (considerada moi aconsellable), e dentro do sistema da avaliación continua. Unha asistencia a alomenos un 80% das sesións considérase moi importante para unha axeitada comprensión da materia. 10
Traballos tutelados
Os traballos tutelados son de dous tipos: por un lado o traballo lector do alumno, por outro a realización dun pequeno traballo de investigación de curso. O alumno renderá contas do seu grao de realización das lecturas obrigatorias a través das listaxes de dúbidas, que deberá entregar por escrito para seren resoltas nas titorías (en grupo e/ou individuais), así coma da marcha do seu traballo de investigación de curso, que deberá resolver sempre co apoio das lecturas, das clases maxistrais e das clases prácticas, así como coas oportunas e periódicas consultas ó profesor.
25
Titoría en grupo
É complementaria directa do traballo de realización das lecturas, da elaboración e resolución das dúbidas razoadas, así coma das consultas periódicas correspondentes (consultas que inclúen a orientación das prácticas para casa e máis do traballo de investigación de curso).
10
Resolución de problemas e/ou exercicios Serán valoradas axeitadamente: 1) a preparación dos exercicios na casa previamente á súa resolución na clase, 2) as intervencións na clase para colaborar na súa discusión e resolución, e moi especialmente 3) a entrega por escrito (en tempo e forma) de todas as prácticas para resolver na casa e seren corrixidas polo profesor, e que con esa finalidade se distribúan (un total de entre 4 e 6 ó longo do curso). 30
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dúas probas escritas de teoría. Esta inclúe as lecturas obrigatorias (que xa que logo han ser obxecto de exame), e máis as explicaciós das clases maxistrais. O alumno deberá amosar uns coñecementos abondos sobre a materia. 25
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
A avaliación é continua. Requírese un 80% de aistencia ás clases. En cada un dos ítems precedentes (ver apartado "Avaliación") requírese obter uns resultados positivos mínimos.
Os alumnos que se vaian acoller á modalidade semipresencial, deberán comunicarllo ó profesor, por emilio, ou por calquera outro procedemento, ao comezo do cuadrimestre e non máis tarde do 15 de febreiro de 2015. Neste caso esixirase a asistencia ao 40% das sesións presenciais. Estableceranse procedementos de avaliación continua, equivalentes aos que realiza o alumnado presencial, vía electrónica.
O alumno que decida non seguir a avaliación continua ou, no seu caso, a semipresencial, ou que incumpra as condicións esixidas polas mesmas, examinarase do conxunto da materia ó final do cuadrimestre. A materia de exame inclúe todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos. A adopción desta modalidade deberá xustificarse, en todo caso, durante as primeiras semanas de impartición da materia. O exame final terá lugar o 20 de maio de 2015.
Aqueles que na primeira convocatoria non aprobaren a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000