Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Análise do discurso
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Levarase un control do grao de asistencia a clases (considerada moi aconsellable), e dentro do sistema da avaliación continua. Unha asistencia a alomenos un 80% das sesións considérase moi importante para unha axeitada comprensión da materia. 10
Traballos tutelados

Os traballos tutelados son de dous tipos: por un lado o traballo lector do alumno, por outro a realización dun pequeno traballo de investigación de curso. O alumno renderá contas do seu grao de realización das lecturas obrigatorias a través das listaxes de dúbidas, que deberá entregar por escrito para seren resoltas nas titorías (en grupo e/ou individuais), así coma da marcha do seu traballo de investigación de curso, que deberá resolver sempre co apoio das lecturas, das clases maxistrais e das clases prácticas, así como coas oportunas e periódicas consultas ó profesor.
30
Titoría en grupo
É complementaria directa do traballo de realización das lecturas, da elaboración e resolución das dúbidas razoadas, así coma das consultas periódicas correspondentes (consultas que inclúen a orientación do traballo de investigación de curso).
20
Resolución de problemas e/ou exercicios

A preparación dos exercicios na casa previamente á súa resolución na clase, a entrega por escrito (en tempo e forma) de todas as prácticas que con esa finalidade se distribúan, así como as intervencións na clase para colaborar na súa discusión e resolución, serán axeitadamente valoradas.
20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dúas probas escritas nas que o alumno ha amosar uns coñecementos abondos sobre a materia. As partes teórica e práctica dos exames han ser cualificadas (e, no seu caso, superadas) de xeito mutuamente independente. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

En cada un dos 5 ítems precedentes (ver apartado "Avaliación") deberase obter uns resultados positivos mínimos.


O alumno que decida non seguir a avaliación continua, ou que incumpra as condicións esixidas pola mesma, examinarase do conxunto da materia ó final do cuadrimestre. A materia de exame inclúe todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos.


Aqueles que na primeira convocatoria non aprobaren a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000