Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Análise do discurso
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Levarase un control do grao de asistencia a clases (considerada moi aconsellable), e dentro do sistema da avaliación continua. Unha asistencia a alomenos un 80% das sesións considérase moi desexable. 10
Traballos tutelados O alumno renderá contas do seu grao de realización das lecturas a través das listaxes de dúbidas que deberá entregar por escrito para seren resoltas nas titorías (en grupo e/ou individuais), e mais por todo o resto de actividades, que deberá resolver sempre co apoio das lecturas. 30
Titoría en grupo É complementaria do traballo de realización das lecturas. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios A preparación dos exercicios na casa, así como as intervencións na clase para colaborar na súa discusión e resolución, serán axeitadamente valoradas. 10
Estudo de casos/análises de situacións É complementaria da realización e análise de exercicios e problemas. 5
Debates Propoñeranse tres ou catro lecturas ad hoc nas que basear outras tantas sesións de debate. Previamente, cada alumno deberá enviarlle ó profesor unha batería de preguntas suscitadas pola lectura, preguntas que serán lanzadas no debate. 15
Saídas de estudo/prácticas de campo Paso previo á redacción do traballo de curso (e complementario do mesmo), o alumno recollerá material vivo para a súa análise. 5
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realizaranse dúas probas escritas nas que o alumno ha de amosar uns coñecementos abondos sobre a materia, así coma un grao aceptable de comprensión das lecturas obrigatorias. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumno que decida non seguir a avaliación continua, ou que incumpra as condicións esixidas pola mesma, examinarase do conxunto da materia no exame final oficial. A materia de exame inclúe todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos.


Aqueles que na convocatoria de xuño non aprobaren a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000