Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Análise do discurso
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ós alumnos sobre cales dos contidos das lecturas relacionadas (ver Traballos tutelados) son fundamentais e cales secundarios. Para seguir as clases o alumno disporá, con cada Tema, dun Guión detallado dos contidos, así coma das lecturas correspondentes.
Traballos tutelados Constan de A e B.
A) Realización (completa e nun nivel non superficial) das lecturas obrigatorias. Un ritmo lector sostido é fundamental nesta materia.
O control de lecturas levarase a cabo mediante 1. e 2.
1. A elaboración periódica de listaxes de dúbidas (e máis comentarios do lector), debidamente redactadas e razoadas, e para cada unha das lecturas (capítulos de libro e artigos). Estas dúbidas e comentarios enviaranse individualizadamente, semanal ou quincenalmente, por correo electrónico, ó profesor. Resolveranse en parte por resposta directa vía emilio, en parte nas 4 titorías mínimas obrigatorias que o alumno deberá realizar ó longo do curso.
2. Exame das lecturas (exame de teoría).
B) Orientación das prácticas para casa (entre 4 e 6 ó longo do curso), e máis orientación do pequeno traballo de investigación de curso.
Titoría en grupo As titorías son obrigatorias para os alumnos. Cada alumno deberá asistir un mínimo de 4 veces a titorías no despacho (en grupos dun máximo de tres persoas, ou, se o prefire, individualmente), e todas cantas veces el estime necesario. Nelas resolveranse unha parte das dúbidas das lecturas correspondentes a esa fase do curso, dúbidas que o alumno deberá enviar por emilio, debidamente redactadas e razoadas. Así mesmo, nas titorías consultarase calquera outra dúbida da materia: sobre as prácticas e as correcións das mesmas entregadas polo profesor; sobre as explicacións de clases; sobre o traballo de investigación de curso; sobre o propio sistema de traballo; sobre os exames escritos, etc.
Resolución de problemas e/ou exercicios Os exercicios e problemas han ser preparados polo alumno previamente á súa resolución e comentario nas clases prácticas. Tamén haberá prácticas específicas para a súa resolución na casa e a súa entrega por escrito, que han ser devoltos corrixidos e cualificados polo profesor.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000