Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Análise do discurso
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ós alumnos sobre cales dos contidos das lecturas relacionadas (ver Traballos tutelados) son fundamentais e cales secundarios. Para seguir as clases o alumno disporá, con cada Tema, dun Guión detallado dos contidos, así coma, no seu caso, da lectura acompañante correspondente.
Traballos tutelados Realización das lecturas obrigatorias (incluíndo a elaboración das dúbidas sobre as mesmas, etc.) para cada un dos temas ou subtemas, dúbidas que se resolverán nas 4 titorías mínimas obrigatorias. Realización dos exercicios que han ser resoltos en clase. Realización dos exercicios que han ser corrixidos e cualificados polo profesor. Orientación do pequeno traballo de investigación de curso.
Titoría en grupo As titorías son obrigatorias para os alumnos. Cada alumno deberá asistir un mínimo de 4 veces a titorías no despacho. Nelas resolveranse as dúbidas das lecturas correspondentes a esa fase do curso, dúbidas que o alumno deberá presentar previamente redactadas por escrito. Así mesmo, nas titorías consultarase calquera outra dúbida da materia: sobre as prácticas e as correcións das mesmas entregadas polo profesor, sobre as explicacións de clases, sobre o traballo de investigación de curso, sobre o propio sistema de traballo, sobre o exame escrito, etc. As titorías son en grupos dun máximo de 3 persoas. Sen embargo, os alumnos que o prefiran poden asistir a titorías individualizadas.
Resolución de problemas e/ou exercicios Os exercicios e problemas han ser preparados polo alumno previamente á súa resolución e comentario nas clases prácticas. Tamén haberá exercicios específicos para a súa resolución na casa e a súa entrega por escrito, que han ser devoltos corrixidos e cualificados polo profesor.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000