Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grado en Estudios de Gallego y Español
 Asignaturas
  Análisis del discurso
   Metodologías
Metodologías   ::  Guia de metodologias docentes
  Descripción
Sesión magistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ós alumnos sobre cales dos contidos das lecturas relacionadas (ver Traballos tutelados) son fundamentais e cales secundarios.
Trabajos tutelados Realización das lecturas obrigatorias (incluíndo a elaboración das dúbidas sobre as mesmas, etc.) para cada un dos temas ou subtemas. Realización dos exercicios que han ser resoltos en clase. Orientación do pequeno traballo de investigación de curso.
Tutoría en grupo Resolución en grupo das dúbidas das lecturas, dúbidas que o alumno deberá presentar por escrito.
Resolución de problemas y/o ejercicios Os exercicios e problemas han ser preparados polo alumno previamente á súa resolución e comentario na clase.
Estudio de casos/análisis de situaciones Esta materia propicia o estudo de casos concretos -fornecidos polo profesor ou polos alumnos- e extraídos da fala cotiá, dos discursos mediáticos, da publicidade, dos discursos políticos, etc.
Debates Programaranse tres ou catro sesións de debate sobre lecturas breves ad hoc. Cada alumno deberá enviarlle ó profesor (antes do debate) unha batería de cuestións suscitadas pola lectura. Ditas cuestións serán tratadas abertamente no debate.
Salidas de estudio/prácticas de campo O alumno deberá realizar traballo de campo, co obxecto de observar e recoller (e/ou no seu caso gravar) material conversacional ou discursivo para realizar un traballo de curso (ver apartado Traballos e proxectos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000