Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Análise do discurso
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral O profesor explicará os contidos esenciais de cada un dos temas, aclarando os conceptos-clave da materia e orientando ós alumnos sobre cales dos contidos das lecturas relacionadas (ver Traballos tutelados) son fundamentais e cales secundarios.
Traballos tutelados Realización das lecturas obrigatorias para cada un dos temas ou subtemas.
Titoría en grupo Resolución en grupo das dúbidas das lecturas, dúbidas que o alumno deberá presentar por escrito.
Resolución de problemas e/ou exercicios Os exercicios e problemas han ser preparados polo alumno previamente á súa resolución e comentario na clase.
Estudo de casos/análises de situacións Esta materia propicia o estudo de casos concretos -aportados polo profesor ou polos alumnos- e extraídos da fala cotiá, dos discursos mediáticos, da publicidade, dos discursos políticos, etc.
Saídas de estudo/prácticas de campo O alumno deberá realizar traballo de campo, co obxecto de observar e recoller (e/ou no seu caso gravar) material conversacional ou discursivo para realizar un traballo de curso (ver apartado Traballos e proxectos).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000