Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Análise do discurso
   Contidos
Tema Subtema
A pragmática e as ciencias do discurso. Revisión dos contidos da pragmática lingüística. Actos de fala. Implicaturas. Presuposicións. Humor e ironía. Malentendidos e incomprensións.
Discurso oral e discurso escrito. Caracterización da comunicación oral e da comunicación escrita. Trazos e nocións básicas. A situación comunicativa cara a cara. Paralinguaxe, kinésica e proxémica. A estrutura conversacional. Xéneros, estilos e rexistros. Estilos e identidades discursivas. A comunicación nos medios. Estratexias publicitarias.
Comunicación interpersoal e cortesía. Faces positiva e negativa. Cortesía positiva, negativa e encuberta. A atenuación. A intensificación. A negociación da relación interpersoal.
Comunicación intercultural. A pragmática intercultural. Culturas lacónicas e culturas locuaces. A cortesía nas distintas culturas. Diferenzas comunicativas entre mulleres e homes. Diferenzas interxeracionais.
Conversación bilingüe. Os repertorios comunicativos dos bilingües. Funcións pragmáticas e estilísticas das alternancias de códigos. Usos bilingües galego/castelán. O Spanglish.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000