Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación oral e escrita: Español II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A preparación dos exercicios así como as intervencións na aula para participar na súa discusión e resolución serán axeitadamente valoradas. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame que conterá preguntas de carácter teórico e práctico sobre os contidos do curso.
40
Traballos e proxectos Os alumnos e as alumnas escollerán unha cuestión de análise ou estudo na parte referida ao discurso oral e outra no discurso escrito. Contando un 25% cada traballo. O traballo de discurso oral terá que ser exposto e avaliarase a súa defensa. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, os alumnos e as alumnas deberán optar por unha forma de avaliación: continua (asistencia regular, traballos de aula, proxecto, etc.) ou única (exame oficial da materia o día 11 de decembro. Os alumnos da evaluación continua terán que facer a parte do exame (40%) nesa mesma data e poderán tamén recuperar ese día os traballos e exercicios que, de ser o caso, non tiveran aprobado.

Durante o período de traballo autónomo do 14 ao 25 de outubro, os alumnos deberán ler a obra La cocina de la escritura de Daniel Cassany.

Durante o perdíodo de traballo autónomo do 8 ao 17 de xaneiro, os alumnos deberán realizar a defensa do traballo de discurso oral. 

É obrigatorio asistir ao 80% das aulas presenciais.

En todas as actividades de avaliación hai que acadar a metade da cualificación.

A segunda convocatoria consistirá nun único exame cuxa data fixará oficialmente a Facultade.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000