Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Comunicación oral e escrita: Español II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios A preparación dos exercicios así como as intervencións na aula para participar na súa discusión e resolución serán axeitadamente valoradas. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dun exame que conterá preguntas de carácter teórico e práctico sobre os contidos do curso.
40
Traballos e proxectos Os alumnos e as alumnas escollerán unha cuestión de análise ou estudo na parte referida ao discurso oral e outra no discurso escrito. Contando un 25% cada traballo. O traballo de discurso oral terá que ser exposto na clase e avaliarase a súa defensa. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ao comezo do curso, os alumnos e as alumnas deberán optar por unha forma de avaliación: continua (asistencia regular, traballos de aula, proxecto, etc.) ou única (exame oficial da materia na semana do 17 ao 21 de decembro, a fixar de acordo co alumnado). Os alumnos da evaluación continua terán que facer a parte do exame (40%) nesa mesma data e poderán tamén recuperar ese día os traballos e exercicios que, de ser o caso, non tiveran aprobado.

É obrigatorio asistir ao 80% das aulas presenciais.

En todas as actividades de avaliación hai que acadar a metade da cualificación.

A segunda convocatoria consistirá nun único exame cuxa data fixará oficialmente a Facultade.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000