Guia docente 2014_15
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Retórica
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Presentacións/exposicións Cada comentario de texto que se traballe en casa será presentado e defendido en clase. 50
Seminarios Valoración de capacidade de comprensión, argumentación e interpretación dos métodos de análise. 50
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A asistencia a clase e o desenvolvemento dos traballos e exercicios da materia en tempo é obrigado para a persoa que queira ser avaliada pola modalidade continua. Para quen non siga esta modalidade de avaliación, haberá un exame final antes de que conclúa o cuadrimestre (1ª edición das actas) e en xullo, no que se dará conta de toda a materia, tanto da teoría como da práctica.

Porcentaxe de presencialidade obrigatoria na avaliación continua: 80%

A avaliación en xullo para o alumnado que opte pola avaliación continua e non aprobase consistirá en facer exame e/ou traballos.

En calquera caso, a copia literal de traballos alleos sen recurrir ás convencións da cita redundará nun suspenso innegociable.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000