Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Descrición xeral da materia.
1. Competencias.
2. Contidos.
3. Planificación docente.
4. Metodoloxía docente.
5. Atención personalizada.
6. Recomendacións.
1
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clase así como a participación en debates e comentarios de textos e ideas. 50
Obradoiros Valorarase a asistencia ás sesións de comentario de textos así como a participación nos debates suscitados. 19
Traballos tutelados A lectura de obras literarias e a reflexión sobre estas será obxecto de atención prioritaria. O alumno deberá realizar ao longo do curso breves comentarios escritos sobre as obras de lectura obrigatoria que compoñen o programa. 30
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non participe no desenvolvemento diario da materia ou o que elixa a avaliación única ó inicio do curso, poderá presentarse a un exame final, ao que deberá concorrer cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria, e que estará dividido en tres partes (tanto na primeira edición das actas coma en xullo):

1. Recoñecemento de textos. 20%

2. Preguntas breves con resposta curta. 40%

3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%

O aprobado na materia estará, en todo caso, suxeito a que o alumnado obteña
cando menos unha nota de 5/10 no apartado 3. 

O alumnado que suspenda a avaliación continuada presentarase a un exame no mes de xullo, ao que deberá concorrer, igualmente, cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria (ou aqueles que non entregasen previamente durante o desenvolvemento normal do curso), no que será avaliado en base a:

1. Recoñecemento de textos. 20%

2. Preguntas breves con resposta curta. 40%

3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%

O aprobado na materia estará, en todo caso, suxeito a que o alumnado obteña
cando menos unha nota de 5/10 no apartado 3. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000