Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura galega II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Actividades introdutorias Descrición xeral da materia.
1. Competencias.
2. Contidos.
3. Planificación docente.
4. Metodoloxía docente.
5. Atención personalizada.
6. Recomendacións.
1
Sesión maxistral Valorarase a asistencia a clase así como a participación en debates e comentarios de textos e ideas. 7
Obradoiros Valorarase a asistencia ás sesións de comentario de textos así como a participación nos debates suscitados. 7
Traballos tutelados A lectura de obras literarias e a reflexión sobre estas será obxecto de atención prioritaria. O alumno deberá realizar ao longo do curso breves comentarios escritos sobre as obras de lectura obrigatoria que compoñen o programa. 15
Probas de resposta longa, de desenvolvemento O alumnado realizará unha ou dúas probas de resposta longa durante o cuadrimestre consistente no desenvolvemento dun comentario ou temas con amplitude de detalles e profundidade expositiva. 35
Probas de resposta curta Realizarase igualmente unha ou dúas probas de resposta curta para avaliar os coñecementos polo miúdo do alumnado. 35
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

O alumnado que non participe no desenvolvemento diario da materia poderán presentarse a un exame final, ao que deberá concorrer cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria, e que estará devidido en tres partes:


1. Recoñecemento de textos. 20%


2. Preguntas breves con resposta curta. 40%


3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%


O alumnado que suspenda a avaliación continuada presentarase a un exame no mes de xullo, ao que deberá concorrer, igualmente, cos traballos de comprobación de lectura dos libros de lectura obrigatoria (ou aqueles que non entregasen previamente durante o desenvolvemento normal do curso), no que será avaliado en base a:


1. Recoñecemento de textos. 20%


2. Preguntas breves con resposta curta. 40%


3. Grandes epígrafes para resposta longa e desenvolvemento. 40%

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000