Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura galega II
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Haberá unha sesión introdutoria ao conxunto da materia, de dúas horas de duración, con delimitación dos seus contidos, métodos, probas a realizar, textos que deben ler os alumnos , etc.
Sesión maxistral Haberá entre 12 e 16 sesións maxistrais, e outras tantas prácticas, vinculadas ao desenvolvemento teórico do programa. Nelas darase unha visión de conxunto da tradición literaria galega ao longo do séc. XX. Centraranse en 12 grandes núcleos:
1. 1900-1936: A poesía.
2. 1900-1936: A narrativa.
3. 1900-1936: O teatro.
4. 1900-1936: O ensaio.
5. 1936-1975: A poesía.
6. 1936-1975: A narrativa.
7. 1936-1975: O teatro.
8. 1936-1975: O ensaio.
9. 1975-2010: A poesía.
10. 1975-2010: A narrativa.
11. 1975-2010: O teatro.
12. 1975-2010: O ensaio.
Eventos docentes e/ou divulgativos Unha parte importante da actividade do alumnado consistirá na súa asistencia a conferencias, recitais, mesas redondas, proxeccións de filmes, seminarios específicos sobre temas literarios, representacións teatrais, etc. dos que deberá realizar un breve resumo por escrito para ser entregado ao profesor.
Todas e cada unha destas actividades serán sinaladas polo docente.
Obradoiros Haberá un mínimo de 13 sesións de comentario de texto, cada unha de dúas horas de duración, correspondentes ás seguintes obras:
1. A poesía de Antonio Noriega Varela. Selección de poemas de Do Ermo.
2. A poesía de Ramón Cabanillas. Selección de poemas e Na Noite Estrelecida.
3. A narrativa de Ramón Otero Pedrayo. Comentario de relatos curtos.
4. A narrativa de Vicente Risco. Comentario de O porco de pé.
5. A obra narrativa de Castelao. Comentario de Retrincos.
6. A poesía de Manuel Antonio. Comentario de De Catro a Catro.
7. A obra literaria de Álvaro Cunqueiro. Comentario dun conto e dun poema.
8. A obra literaria de Eduardo Blanco Amor. Comentario dun conto ou capítulo de novela.
9. Celso Emilio Ferreiro. Comentario de poema de Longa Noite de Pedra. Visionado da película María Mariño, a flor das raparigas en sombra.
10. A obra de Xosé Luís Méndez Ferrín. Comentario dun conto e dun poema.
11. A Nova Narrativa Galega. Comentario dun conto ou capítulo de novela. Visionado da película Cólera.
12. A poesía dos 80. Comentario de varios poemas.
13. A narrativa desde 1975. Comentario dun conto de Manuel Rivas. Visionado da película Luces da cidade.
Traballos tutelados O alumnado deberá realizar un pequeno traballo de comprobación de lectura de todas e cada unha das seguintes obras:
1) O porco de pé de Vicente Risco
2) Ensaio histórico sobre a cultura galega de Ramón Otero Pedrayo
3) Na noite estrelecida de Ramón Cabanillas.
4) Os ruíns de Xosé María Álvarez Blázquez
5) Crónicas do sochantre de Álvaro Cunqueiro
6) Á lus do candil: contos ao carón do lume de Ánxel Fole
7) Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro.
8) Os biosbardos: contos prá xente de Eduardo Blanco Amor
9) Arrabaldo do norte de Xosé Luís Méndez Ferrín
10) Cambio en tres de Carlos Casares
11) Land Rover de Suso de Toro
12) Memoria de Noa de Alfredo Conde
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000