Guia docente 2010_11
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Panorama da literatura galega II
   Competencias de titulación
Código Descrición
A1 Dominar a comunicación cos e coas falantes das linguas de estudo no grao, en diferentes contextos sociais, profesionais e culturais, desenvolvendo a capacidade de comprensión e expresión oral e escrita, con tolerancia cara á diversidade social e cultural como resultado de defender os dereitos fundamentais de igualdade social, de xénero, de raza e de orientación sexual, e os valores propios da democracia e a cultura da paz.
A2 Identificar, comprender e apreciar as principais contribucións das literaturas do español (en España e en América) e do galego, con especial sensibilidade para as literaturas emparentadas, como son as que corresponden ás linguas neolatinas e en particular a portuguesa
A3 Abarcar os fundamentos teóricos e aplicados que ofrecen os diferentes paradigmas lingüísticos, así como sintetizar, relacionar e describir as literaturas española, galega e lusófona nos seus distintos ámbitos culturais e sociais, períodos, xéneros e movementos
A4 Coñecer os métodos básicos do estudo e análise lingüística e literario
A5 Dispoñer dos coñecementos necesarios para a comprensión, análise, desenvolvemento, avaliación e aproveitamento dos recursos lingüísticos e literarios para o futuro profesional
A6 Argumentar os temas e os textos obxecto de estudo de acordo coas convencións académicas, achegando probas e servíndose dos recursos bibliográficos e electrónicos dispoñibles, especialmente dos orientados á investigación lingüística e literaria e á docencia das linguas impartidas no grao.
A8 Formular razoamentos críticos nos ámbitos de estudo lingüístico e literario a fin de adquirir métodos sólidos de análise, que transcendan a simple aproximación intuitiva ás linguas e aos textos obxecto de estudo.
A12 Posuír unha conciencia crítica ante mecanismos de exclusión e discriminación das mulleres na linguaxe
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000