Guia docente 2014_15
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Informática para a lingüística e a literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación dos exercicios prácticos e problemas realizados en clase sobre os contidos da materia. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS

1.1. Avaliación continua

Na primeira edición de actas a
avaliación será continua
,
consonte o detallado máis arriba. A condición para ser avaliada/o será a
asistencia a un mínimo do 80% das aulas. É obrigatorio realizar e entregar
no prazo estabelecido todos os traballos
asignados
durante o desenvolvemento das aulas.
Os traballos non entregados ou entregados fóra de prazo contarán coma un cero.

A
entrega de traballos e exercicios implica a aceptación do sistema de avaliación
continua por parte do alumnado. O alumnado avaliado por este sistema non poderá
presentarse ao exame correspondente á avaliación única (ver apartado 1.2.), e a
súa cualificación na primeira edición de actas corresponderá ao cómputo das
notas obtidas nas probas realizadas durante o curso.

1.2. Avaliación única

Se
algunha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá comunicarllo ao profesor argumentadamente
ao comezo do cuadrimestre (nas
dúas primeiras semanas de clase)
.
Nese caso, poderá ser avaliada/o mediante un exame único, baseado nos contidos
da materia, cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame
terá lugar ao final do cuadrimestre, nunha data que será acordada entre
profesor e alumnado con antelación suficiente.

A
escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas
sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. O alumnado que
siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado
coa materia a través de Faitic.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS

Na
segunda edición de actas (xullo)
a avaliación levarase a cabo mediante
un exame único, baseado nos contidos da materia, cuxa
nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data
oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Recoméndase
firmemente que o alumnado asista ás aulas e titorías con regularidade e se
implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000