Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Informática para a lingüística e a literatura
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Avaliación dos exercicios prácticos e problemas realizados en clase sobre os contidos da materia. 100
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Na primeira edición de actas a avaliación será continua. A condición para ser avaliada/o será a asistencia a un mínimo do 80% das aulas. As faltas de asistencia deberán ser xustificadas de modo razoado.

Se algún/unha alumna/o non se pode acoller á avaliación continua por motivos xustificados, deberá comunicarllo ao profesor argumentadamente ao comezo do cuadrimestre nas dúas primeiras semanas de clase. Tanto nese caso, como cando se incumpran as condicións esixidas para a avaliación continua, a/o alumna/o poderá ser avaliada/o mediante un exame único sobre os contidos da materia cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial de xaneiro aprobada pola Xunta de Facultade. A escolla desta opción en ningún caso supón a perda do dereito a asistir ás aulas sempre que sexa posíbel, o cal se recomenda encarecidamente. Igualmente, o alumnado que siga esta modalidade de avaliación será responsábel de manter un contacto continuado coa materia a través da plataforma Tema.

Na segunda edición de actas (xullo) a avaliación levarase a cabo mediante un exame único sobre os contidos da materia cuxa nota constituirá o 100% da cualificación final. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada pola Xunta de Facultade.

Recoméndase firmemente que o alumnado asista ás aulas con regularidade e se implique activamente no seu proceso de aprendizaxe.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000