Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Estrutura e análise das linguas galega e española: Introdución á sintaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos da materia mediante textos de lectura obrigatoria e complementaria, apuntamentos, diapositivas powerpoint, contando coa participación activa dos discentes. Avaliación continua. 40
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente comentará cos discentes na clase ou nas titorías, e entregaralles por escrito a resolución de problemas puntuais sobre cuestións de sintaxe do galego e do español. Avaliación continua. 10
Traballos tutelados O docente proporá aos discentes traballos dirixidos que han ser entregados antes de rematar o cuadrimestre. 10
Prácticas autónomas a través de TIC O docente propoñeralles aos discentes a participación en foros, wikis e prácticas sobre sintaxe a través da plataforma TEMA. Estas prácticas poden consistir na produción de textos sintacticamente ben elaborados, correción de erros de sintaxe nos textos, cuestións puntuais de análise sintáctica, resumo e crítica de lecturas etc.
Avaliación continua.
10
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O docente entregaralles aos discentes na clase ou a través da plataforma TEMA probas práticas como corrección sintáctica de textos, elaboración de resumos sobre determinadas lecturas e outras tarefas relacionadas coa sintaxe do galego e do español.
Avaliación continua.
8
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente entregaralles aos discentes na clase exercicios de análise sintáctica que máis tarde recollerá, corrixirá e comentará.
Avaliación continua.
10
Traballos e proxectos O docente propoñerá, escoitando a opinión dos discentes, traballar sobre temas concretos de sintaxe. Deberán ser entregados e expostos na clase. O discente poderá na clase ou nas titorías comentar as dúbidas e problemas que lle vaian xurdindo.
<br>Avaliación continua.
10
Probas de resposta curta cuestións breves sobre diferentes aspectos do programa que o alumno contestará na clase ou a través de faitic.
Avaliación continua.
2
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Ó comezo do curso os discentes deberán elixir entre un sistema de avaliación continua (80% de presencialidade) ou de avaliación única.

A avaliación única consistirá nun exame (70%) que incluirá contidos das
distintas partes indicadas e nun traballo (30%), que determinará o profesor,
sobre algún aspecto ou aspectos da materia. Este mesmo sistema de avaliación aplicarase na segunda edición das actas.

Será penalizado o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000