Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Estrutura e análise das linguas galega e española: Introdución á sintaxe
   Contidos
Tema Subtema
Tema 1. A sintaxe: delimitación do seu ámbito de estudo

1.1. Definición e relación da sintaxe cos demais compoñentes da gramática: morfoloxía, semántica, léxico… Cómpre falarmos de morfosintaxe?
1.2. Sintaxe funcional e sintaxe xenerativa: diferenzas básicas.
Tema 2. As relacións sintácticas 2.1. Relacións lingüísticas xerais:
- Relacións paradigmáticas e sintagmáticas.
2.2. Relacións sintagmáticas:
i) Todo-parte: constitutivas e funcionais.
ii) Parte-parte: secuenciais e conectivas:
- Coordinación ou constelación
- Subordinación ou determinación
- Interordinación ou interdependencia
2.3. Modelos de representación sintáctica: trazos básicos.
Tema 3. As unidades sintácticas: palabra, frase, cláusula e oración
3.1. Palabra e clases de palabra (substantivo, adxectivo, pronome…): comportamento sintáctico.

3.2. Frase e tipos de frase
- Frase simple e frase complexa
- Frases endocéntricas e exocéntricas
i) A frase nominal
- A determinación, os determinantes e os modificadores
- Frase nominal e frase substantiva: dous tipos frásticos distintos?
ii) A frase preposicional:
- Estrutura da fr. prep.
iii) Outros tipos de frase
- A frase adxectiva: estrutura
- A frase adverbial: estrutura

3.3. A Cláusula
i) Definición, estrutura e tipos: cláusulas simples e complexas. Cláusulas de relativo, completivas, adverbiais, de infinitivo, de xerundio, de participio Correspondencias coa gramática tradicional
ii) Os eventos: acción, proceso, estado
iii) A orde de argumentos
iv) Os valores aspectuais
v) A voz: activa, media, pasiva
vi) Esquemas sintácticos e esquemas semánticos: de predicación verbal e de predicación non verbal. A construción causativa
vii) Funcións sintácticas e papeis semánticos. As nocións de control, definitude e animación

3. 4. A oración
i) Definición e estrutura. Correspondencias coa gramática tradicional
ii) As oracións bipolares: adversativas, condicionais, concesivas, causais, consecutivas, comparativas
iii) As estruturas coordinadas: copulativas e disxuntivas
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000