Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Literatura: Teoría da literatura
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas primeiras horas de docencia presencial, prevexo organizar a marcha da materia. Posto que se trata de estudantes de primeiro curso, exporei a metodoloxía, procurando anticipar e aclarar aquelas cuestións que afecten ao desenvolvemento do curso. Así mesmo, nestas sesións introdutorias adxudicaránselle os traballos a cada alumno/a matriculado/a.
Sesión maxistral Nas clases teóricas preséntolle ao alumnado cada un dos temas de maneira organizada, proporcionándolle unha selección bibliográfica, que comento ao inicio de cada un deles, e un guión cos principais aspectos, todo isto sen descoidar a importancia dos textos literarios. Aínda que se trata dun método de ensinanza fundamentalmente temático e que pretende transmitir o maior número de contidos ao maior número de estudantes no menor tempo posible, procuro, con todo, suscitar a participación do alumnado, de modo que poida intervir, preguntar ou participar na exposición.
Titoría en grupo Horas distribuídas ao longo do curso, de carácter obrigatorio, fixadas no horario oficial e correspondentes á docencia presencial. Nelas aclárolle ao alumnado, entre outros aspectos, nocións acerca do manexo de fontes instrumentais (catálogos, bases de datos etc.), explicacións de cuestións de carácter metodolóxico, resolución de dúbidas suscitadas na elaboración dos diferentes traballos do/a estudante así como nas lecturas, ou ben atendo á revisión de conceptos.
Eventos docentes e/ou divulgativos Teño prevista a asistencia dun/unha especialista na materia para que pronuncie unha conferencia, cuxa data lla anticipo ao alumnado. Será no espazo reservado ás horas presenciais e sobre un dos contidos do programa.
Presentacións/exposicións
Traballos tutelados Considero, dentro deste apartado, diferentes actividades que ha de realizar o estudantado. Antes de todo, e tratándose dunha materia de literatura, ten que realizar a lectura dunha serie de obras, tanto fontes primarias como secundarias, obrigatorias e optativas (das que informo no apartado correspondente). A este apartado de traballos (punto 4: metodoloxías), asígnolle 34 horas de traballo persoal do alumnado; da correcta asimilación destas lecturas dará conta a elaboración das probas (traballos e proxectos, probas escritas). Así mesmo, e dentro do apartado de probas, o/a estudante ha de entregar, en correspondencia cos diferentes bloques temáticos do programa, os seguintes traballos obrigatorios:
1. Busca bibliográfica, no catálogo da biblioteca do centro, de todas as edicións correspondentes a un título determinado, dentro do corpus de lecturas obrigatorias do apartado de literatura española medieval e dos Séculos de Ouro desta materia, e posterior clasificación xustificada do tipo de edición, de acordo co listado que organizará o profesor nas horas dedicadas ás actividades introdutorias. A data de entrega será a segunda semana lectiva de abril de 2010.
2. Unha ficha de lectura dalgunha das obras incluídas entre as lecturas obrigatorias. Nelas, informarase dos principais aspectos que afectan tanto ao contido (temas e subtemas, análise dos personaxes, estruturación etc.) como á forma (métrica, lingua, recursos estilísticos, técnicas narrativas etc.). A asignación realizarase nas primeiras sesións das actividades introdutorias, e a data de entrega non será posterior á última semana de maio de 2010.
3. Un comentario literario de texto, de acordo coas directrices que se proporcionarán nas sesións introdutorias, pero tamén nas clases prácticas e nas titorías colectivas. Os textos, que se adxudicarán a cada un/unha dos/as estudantes, extraeranse de entre as lecturas obrigatorias. A data de entrega non será posterior á última semana lectiva de maio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000