Cómpre que os alumnos teñan xa os coñecementos elementais que, en principio, se deben adquirir no bacharelato. Os alumnos que, polo motivo que sexa, non teñan coñecementos previos de latín deberían adquirir pola súa conta os rudimentos no cuadrimestre previo a cursar a materia; para facilitar isto, se é posible, organizarase un "curso cero" durante ese primeiro cuadrimestre. Suponse, por outra banda, que os alumnos teñen unha base relativamente sólida en fonoloxía, morfoloxía e sintaxe do galego e castelán. |