Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Idioma moderno: Lingua portuguesa II
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Resolución de problemas e/ou exercicios Unha ou varias probas prácticas escritas. 10
Traballos de aula Realización/presentación de traballos varios, preparados con antelación polo alumnado. 30
Probas de resposta curta Unha proba escrita sobre contidos de civilización lusófona. 10
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Proba escrita 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Diferentes exercicios prácticos (escritos ou orais) a realizar nas aulas. 10
Outras Unha ou varias probas orais (expresión oral). 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As/Os estudantes deberán escoller a principio de curso ou un sistema de avaliación continua (cf. supra) ou un sistema de
avaliación única. Recoméndase optar polo primeiro.

No caso da avaliación única hai que aprobar todos os procedementos avaliadores para poder calcular a media final. A copia
ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

É obrigatorio consultar regularmente os espazos virtuais da materia na plataforma TEMA e no BLOG asociado.

A condición para ser avaliada/o de forma continua será a asistencia a un 80% das aulas, a non ser que haxa motivos
xustificados para unha asistencia lixeiramente inferior.

Quen opte de forma directa pola avaliación única será avaliada/o ao final do primeiro período das actas (convocatoria
de xullo) da seguinte forma:

1. Cunha proba escrita teórico-práctica (contando 75% da nota final –teoria: 25%; práctica: 50%–);

e

2. Cunha proba de expresión oral (contando 25% da nota final) que será gravada.

A convocatoria das probas de expresión oral deberá acordarse co profesorado coa antelación necesaria, sendo responsabilidade do alumnado contactar co profesorado.

A non presentación á proba de expresión oral suporá a obtención dunha calificación de 0 (cero)
puntos na mesma.

A copia ou o plaxio penalizarase cun suspenso (nota numérica: 0) na proba correspondente.

Os mesmos criterios de avaliación aplicaranse no segundo período das actas.

En todo caso, recoméndase a asistencia ás aulas e ás titorías e consultar regularmente os espazos virtuais da materia na
plataforma TEMA e no BLOG asociado, mesmo que non se siga o sistema de avaliación continua.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000