Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Galego I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases sempre e cando esta sexa máis do 80% delas. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios
Durante o curso, o profesorado especificará que actividades prácticas son avaliables. Tamén se terá en conta a participación activa na resolución das outras actividades. Con respecto ó iniciático "Traballo de investigación" sobre a gravación, transcrición e comentario dun texto oral, o seu valor máximo non superará o 20% da nota total.
25
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita na ultima semana de curso (entre o 5 e o 9 de maio) sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo liberador de materia (BLOQUES I, II E III) que tería lugar na cuarta semana de marzo. 30
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba escrita na ultima semana de curso (entre o 5 e o 9 de maio), que pode ser ó mesmo tempo cá "Proba de resposta curta", na que o alumnado deberá identificar, corrixir e xustificar erros lingüísticos en textos escritos e orais. Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo liberador de materia (BLOQUES I, II E III) que tería lugar na cuarta semana de marzo. 30
Outras Realizarase unha proba oral na que o estudantado deberá demostrar que domina suficientemente o estándar oral galego, en especial o fónico no referido ós seus trazos máis caracterizadores. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia (o alumnado deberá escoller a primeiros do curso un deles):


a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases, e realice e entregue en tempo e forma as tarefas de avaliación indicadas polo profesor. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. Ó final do curso tamén se realizará un exame oral individual. En todo caso, para aprobar a materia, o alumnado deberá ter aprobados o exame oral e todos os exames escritos das "Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas" e "Probas de resposta curta". Por este sistema, poderá realizarse un exame escrito parcial liberador de materia na cuarta semana de marzo de 2014, e o outro parcial escrito  na última semana de clase (5 a 9 de maio de 2014). De non superar estas probas escritas, o alumnado poderá recuperar só as partes suspensas nun exame escrito que se realizará na semana  do 12 ó 16 de maio de 2014 (convocatoria de maio), ou no seu caso no exame escrito da convocatoria de xullo na data que dispoña a Facultade. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia e entrega das tarefas en tempo deberá comunicarllo ó docente. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".


b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá entregar o día do exame final, que se realizará na semana  do 12 ó 16 de maio de 2014, un "Traballo de investigación” (20% da nota) e examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame escrito único. Este exame único constará de dúas partes: unha escrita (70% da nota) e outra oral (10% da nota); o/a alumno/a deberá superar obrigatoriamente esta última para aprobar a materia. De non alcanzar un 5, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame final único (escrito e oral), ou no seu caso repetir o “Traballo de investigación”, na convocatoria oficial de xullo na data que dispoña a Facultade. O “Traballo de investigación” consistirá na gravación, transcrición e comentario dun texto oral en galego. Para a súa realización deberán falar co profesor. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren, pero non poderán facer os exames parciais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000