Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Galego I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases sempre e cando esta sexa máis do 80% delas. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios
Durante o curso, o profesorado especificará que actividades prácticas son avaliables. Tamén se terá en conta a participación activa na resolución das outras actividades. Con respecto ó iniciático "Traballo de investigación" sobre a gravación, transcrición e comentario dun texto oral, o seu valor máximo non superará o 20% da nota total.
30
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita na última semana do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. Existe a posibilidade da realización Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo liberador de materia que tería lugar a mediados do cuadrimestre. 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba na última semana do cuadrimestre, que pode ser ó mesmo tempo ca outra proba de resposta curta, na que o alumnado deberá identificar, corrixir e xustificar erros lingüísticos en textos escritos e orais. Existe a posibilidade de realización dun exame parcial previo que tería lugar na penúltima semana do curso. 25
Outras Realizarase unha proba oral na que o estudantado deberá demostrar que domina suficientemente o estándar oral galego, en especial o fónico no referido ós seus trazos máis caracterizadores. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia (o alumnado deberá escoller a primeiros do curso un deles):


a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases, e realice e entregue en tempo e forma as tarefas de avaliación indicadas polo profesor. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. Ó final do curso tamén se realizará un exame oral individual. En todo caso, para aprobar a materia, o alumnado deberá ter aprobados o exame oral e todos os exames escritos das "Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas" e "Probas de resposta curta". Por este sistema, poderá realizarse un exame escrito parcial liberador de materia a mediados do cuadrimestre, e o outro parcial escrito  na penúltima semana de clase. De non superar estas probas escritas, o alumnado poderá recuperar só as partes suspensas nun exame escrito que se realizará na última semana de clase (convocatoria de maio), ou no seu caso no exame escrito da convocatoria de xullo. Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia e entrega das tarefas en tempo deberá comunicarllo ó docente. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".


b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia na convocatoria de maio deberá entregar o día do exame final que se celebrará na última semana do curso un "Traballo de investigación” (20% da nota) e examinarse sobre todos os contidos da materia nun exame escrito único. Este exame único constará de dúas partes: unha escrita (70% da nota) e outra oral (10% da nota); o/a alumno/a deberá superar obrigatoriamente esta última para aprobar a materia. De non alcanzar un 5, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame final único (escrito e oral), ou no seu caso repetir o “Traballo de investigación”, na convocatoria oficial de xullo na data que dispoña a Facultade. O “Traballo de investigación” consistirá na gravación, transcrición e comentario dun texto oral en galego. Para a súa realización deberán falar co profesor. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren, pero non poderán facer os exames parciais.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000