Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Galego I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases sempre e cando esta sexa máis do 80% delas. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o profesorado especificará que actividades prácticas son avaliables. Tamén se terá en conta a participación activa na resolución das outras actividades. 20
Presentacións/exposicións Cada estudante preparará por escrito e expoñerá oralmente un tema relacionado co programa da materia que previamente concertará co docente. 10
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita na última semana do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. 25
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba na última semana do cuadrimestre, que pode ser ó mesmo tempo ca outra proba de resposta curta, na que o alumnado deberá identificar, corrixir e xustificar erros lingüísticos en textos escritos e orais. 25
Outras Realizarase unha proba oral na que o estudantado deberá demostrar que domina suficientemente o estándar oral fónico galego, e en especial, os seus trazos fónicos máis caracterizadores. 15
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Existen dous sistemas de avaliación da materia (o alumnado deberá escoller a principio de curso un deles):

a) Avaliación continua, para o alumnado que asista regularmente ás clases (arredor do 80% de asistencia) e realice e entregue en tempo e forma as tarefas de avaliación indicadas polo profesor. A puntuación final obterase da suma das porcentaxes das puntuacións expresadas arriba. De non superar algunha das actividades que se avalían, o profesor poderá mandar repetilas para corrixilas. Ó final do curso tamén se realizará un exame oral individual. En todo caso, para aprobar a materia, o alumnado deberá ter aprobados todos os exames escritos das "Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas" e "Probas de resposta curta", e tamén a "Proba oral". De non superar esas probas escritas, o alumnado poderá recuperar só as partes suspensas nun exame escrito ó final do curso (maio/xuño), ou no seu caso no exame escrito da convocatoria de xullo.  Se por causa xustificada algún alumno/a non pode cumprir a condición de asistencia do 80% deberá comunicarllo ó docente, que poderá habilitar outras actividades compensatorias. No caso de que o/a alumno/a renuncie á avaliación continua pasará a ser avaliado polo sistema b) de "Avaliación única".

b) Avaliación única. O alumnado que non opte polo sistema de "avaliación continua", para superar a materia deberá examinarse sobre todos os contidos da materia cun exame final único na convocatoria de maio/xuño, na data que dispoña a Facultade. Este exame constará de dúas partes: unha escrita e outra oral; o/a alumno/a deberá superar obrigatoriamente esta última para aprobar a materia. De non superar este exame, o/a alumno/a deberá volver examinarse por medio doutro exame final único (escrito e oral) na convocatoria oficial de xullo na data que dispoña a Facultade. Os/as alumnos/as que opten por este sistema poderán asistir ás aulas e ser atendidos nas titorías cando o solicitaren.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000