Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Galego I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas. 5
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o profesorado especificará que actividades prácticas son avaliables. Tamén se terá en conta a participación activa na resolución das outras actividades. 20
Presentacións/exposicións Cada estudante deberá preparar e expoñer oralmente un tema que previamente concertará co docente. 10
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita na última semana do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. 20
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba na última semana do cuadrimestre, que pode ser ó mesmo tempo ca outra proba de resposta curta, na que o alumnado deberá identificar, corrixir e xustificar erros lingüísticos en textos escritos e orais. 25
Probas de tipo test Efectuarase unha proba de tipo test para controlar contidos específicos de ortografía, gramática e léxico normativos. 10
Outras Realizarase unha proba oral na que o estudantado deberá demostrar que domina sufiocientemente os trazos fónicos caracterizadores do galego. 10
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

As porcentaxes das puntuacións expresadas arriba só son válidas para o alumnado que asista regularmente á clase (más do 80% das clases).


O alumnado que non asista regularmente ás clases terá un exame final único en xullo, sobre todos os contidos da materia, na data que dispoña a Facultade. Nese exame haberá unha parte escrita e outra oral: ambas deberán aprobrase.








O alumnado que non
supere a materia na convocatoria ordinaria examinarase nas convocatorias
seguintes, extraordinarias, por medio dun exame escrito (85 %) e unha proba
oral de fonética (15 %); esta última será preciso superala para aprobar a
materia.




O alumnado que asista regularmente ás clases poderá facer os exames ou probas escritas parciais da materia nas datas que sinale o profesor. En caso de non superar estes parciais, o alumnado poderá recuperar só as partes suspensas nun exame ó final do curso, ou no seu caso no exame da convocatoria de xullo. En todo caso, para aprobar a materia, o alumnado deberá ter aprobados todos os exames escritos das "Probas de tipo test", "Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas" e "Probas de resposta curta", e tamén a "proba oral".


 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000