Guia docente 2009_10
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación Oral e Escrita: Galego I
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Valorarase a asistencia ás clases maxistrais, sempre e cando sexa máis do 80% delas. 0,5
Resolución de problemas e/ou exercicios Durante o curso, o profesorado especificará que actividades prácticas son avaliables. Tamén se terá en conta a participación activa na resolución das outras actividades. 2
Presentacións/exposicións Cada estudante deberá preparar e expoñer oralmente un tema que previamente concertará co docente. 1
Probas de resposta curta Realizarase unha proba escrita na última semana do cuadrimestre sobre os contidos teórico-prácticos da materia. 2
Probas prácticas, de execución. Probas de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Realizarase unha proba na última semana do cuadrimestre, que pode ser ó mesmo tempo ca outra proba de resposta curta, na que o alumnado deberá identificar, corrixir e xustificar erros lingüísticos en textos escritos e orais. 2
Probas de tipo test Efectuarase unha proba de tipo test para controlar contidos específicos de ortografía, gramática e léxico normativos. 1
 
Outros comentarios sobre a Avaliación






O alumnado que non
supere a materia na convocatoria ordinaria examinarase nas convocatorias
seguintes, extraordinarias, por medio dun exame escrito (85 %) e unha proba
oral de fonética (15 %); esta última será preciso superala para aprobar a
materia.


Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000