Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Galego I
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Resolución de problemas e/ou exercicios O docente terá titorías individualizadas ou en pequeno grupo co alumnado antes de que este realice o denominado "Traballo de investigación". Nesa titoría o profesor exporá as súas directrices principais: obxectivo, metodoloxía, desenvolvemento e presentación. Por outra parte, na resolución de problemas, con algunhas actividades, o docente comentará, individualmente ou por pequenos grupos, os erros cometidos ou as directrices a seguir no caso de traballos guiados. Igualmente, comentaranse, ben individualmente, ben en grupo, os resultados das probas escritas.
Probas Descrición
Probas de resposta curta
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas.
Outras
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000