Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Galego I
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do docente dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dun traballo, exercicio ou proxecto que desenvolverá o alumnado.
Eventos docentes e/ou divulgativos Actividades relacionadas coa asistencia a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates, etc, ben en directo, ben a través de vídeo realizados por relatores/as de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades prácticas en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia, e que veñen complementar as clases maxistrais. Versan sobre aspectos da redacción e corrección de textos, orais e escritos de todo tipo, nos distintos niveis lingüísticos. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados. Especificamente será obrigado realizar un iniciático "Traballo de investigación" que consistirá na gravación, transcrición e comentario gramatical dun texto oral en galego.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000