Eventos docentes e/ou divulgativos |
Actividades relacionadas coa asistencia a conferencias, charlas, exposicións, mesas redondas, debates, etc, ben en directo, ben a través de vídeo realizados por relatores/as de prestixio, que permiten afondar ou complementar os contidos da materia.
|
Resolución de problemas e/ou exercicios |
Actividades prácticas en que se formulan problemas e/ou exercicios relacionados coa materia, e que veñen complementar as clases maxistrais. Versan sobre aspectos da redacción e corrección de textos, orais e escritos de todo tipo, nos distintos niveis lingüísticos. Naqueles casos en que o profesor entregue previamente os exercicios, recoméndase que o/a alumno/a os traia traballados. |
Presentacións/exposicións |
Actividades prácticas en que o alumnado expón oralmente ante o profesor e/ou o resto de alumnos un traballo relacionado cos contidos da materia que previamente preparou individualmente ou en grupo. |