Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingua: Comunicación oral e escrita: Galego I
   Contidos
Tema Subtema
BLOQUE 1. Lingua oral e lingua escrita: caracterización. Ferramentas bibliográficas e dixitais para o seu estudo. O galego estándar e as outras variedades lingüísticas: dialectos, sociolectos e rexistros.
BLOQUE 2. Redacción e construción de textos en galego. A súa presentación e revisión: puntuación e interferencias léxicas e gramaticais. Trazos lingüísticos de enxebridade en textos galegos.
BLOQUE 3. Cuestións de galego estándar (I): as NOMIG. Uso das grafías. Acentuación. Grupos grupos cultos. Terminacións. Outros.
BLOQUE 4. Cuestións de galego estándar (II): Morfosintaxe do verbo e do pronome.
BLOQUE 5. Cuestións sobre o estándar oral galego. Pronuncia de vogais abertas e pechadas, da nasal velar e da fricativa prepalatal xorda. Os grupos cultos. Elisións e contraccións na cadea fónica.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000