Guia docente 2013_14
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística: Introdución ao estudo da linguaxe e a comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Levarase un control do grao de asistencia a clases, e dentro do sistema da avaliación continua. Unha asistencia a alomenos un 80% das sesións considérase imprescindible para unha axeitada comprensión da materia. Ademais da asistencia, valorarase o seguemento e a participación nas clases. 10
Debates Preparación e participación activa nos debates que se propoñan ao longo do
curso
20
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia, seguemento e participación nas clases dedicadas a resolver os exercicios e os problemas propostos. Achega por parte do estudantado de respostas orais e/ou escritas aos exercicios propostos. 30
Probas de resposta curta Realización de probas escritas específicas nas que o estudantado demostre que sabe recoñecer, describir e exemplificar os conceptos e termos básicos da materia. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba na que se demostre a capacidade de razoamento e argumentación con respecto aos temas da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada para todo o alumnado, contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é imprescindible a asistencia a un mínimo do 80% das horas presenciais. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de avaliación, ou que incumpra as condicións esixidas pola mesma, fará un exame global de toda a materia ao final do cuadrimestre. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir.

A materia de exame inclúe, en calquera das modalidades, todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos.

Aqueles que na primeira convocatoria non aprobaren a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000