Guia docente 2012_13
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística: Introdución ao estudo da linguaxe e a comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Sesión maxistral Levarase un control do grao de asistencia a clases, e dentro do sistema da avaliación continua. Unha asistencia a alomenos un 80% das sesións considérase imprescindible para unha axeitada comprensión da materia. Ademais da asistencia, valorarase o seguemento e a participación nas clases. 10
Traballos tutelados Os traballos tutelados son de dous tipos: por un lado o traballo lector do alumno, por outro a realización dos exercicios que se entreguen para casa. O alumno renderá contas do seu grao de realización das lecturas obrigatorias a través das listaxes de dúbidas, que deberá entregar por escrito para seren resoltas nas titorías (en grupo e/ou individuais), así coma das dificultades que atope na resolución dos exericios, que deberá resolver sempre co apoio das lecturas, das clases maxistrais e das clases prácticas, así como coas oportunas e periódicas consultas ó profesor. 20
Titoría en grupo Mínimo de 4 ó longo do curso. É complementaria directa do traballo de realización das lecturas, da elaboración e resolución das dúbidas razoadas, así coma das consultas periódicas correspondentes. 15
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia, seguemento e participación nas clases dedicadas a resolver os exercicios e os problemas propostos. Achega por parte do estudantado de respostas orais e/ou escritas aos exercicios propostos. 15
Probas de resposta curta Realización de probas escritas específicas (un total de 3 ó longo do curso) nas que o estudantado demostre que sabe recoñecer, describir e exemplificar os conceptos e termos básicos da materia. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba na que se demostre a capacidade de razoamento e argumentación con respecto aos temas da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada para todo o alumnado, contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é imprescindible a asistencia a un mínimo do 80% das horas presenciais. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de avaliación, ou que incumpra as condicións esixidas pola mesma, fará un exame global de toda a materia ao final do cuadrimestre. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir.


A materia de exame inclúe, en calquera das modalidades, todas as lecturas consideradas obrigatorias, así coma os contidos teóricos e prácticos.


Aqueles que na primeira convocatoria non aprobaren a materia polo sistema da avaliación continua, na convocatoria de xullo deberán presentarse ó exame escrito na data oficial.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000