Guia docente 2011_12
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Estudos de Galego e Español
 Materias
  Lingüística: Introdución ao estudo da linguaxe e a comunicación
   Avaliación
  Descrición Cualificación
Seminarios Preparación e participación activa nos seminarios 20
Debates Preparación e participación activa nos debates que se propoñan ao longo do curso 25
Resolución de problemas e/ou exercicios Asistencia, seguimento e participación nas clases dedicadas a resolver os exercicios e os problemas propostos. Achega por parte do estudantado de respostas orais e/ou escritas aos exercicios propostos. 15
Probas de resposta curta Realización de probas escritas específicas nas que o estudantado demostre que sabe recoñecer, describir e exemplificar os conceptos e termos básicos da materia. 20
Probas de resposta longa, de desenvolvemento Realización dunha proba na que se demostre a capacidade de razoamento e argumentación con respecto aos temas da materia. 20
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Contémplanse
dúas posibilidades de avaliación: continua e única. A primeira, recomendada
para todo o alumnado, contempla as actividades que se describen na táboa anterior. Para a avaliación continua é imprescindible a asistencia a un mínimo do 80% das horas presenciais. O alumnado que decida non acollerse a este tipo de
avaliación fará un exame global de toda a materia ao final do cuadrimestre, na data oficial fixada polo decanato. Ao principio de curso debe escollerse o sistema a seguir.

Todo
o alumnado que non supere a materia satisfactoriamente terá unha segunda
oportunidade. Tanto para os que opten pola avaliación continua coma para os que elixan avaliación única, esta segunda oportunidade constará dunha proba escrita sobre os contidos da materia, cunha parte conceptual e outra de razoamento e argumentación. Para os de avaliación continua non se terán en conta as cualificacións parciais obtidas durante o curso. A proba terá lugar no mes de xullo, na data oficial fixada polo decanato. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000